As instalacións
Unha sala ampla e equipada, dividida en zonas, para adestrar forza, mobilidade e resistencia co adestrador ao teu carón.
01A sala
Un espazo diáfano con chan azul onde caben os grupos reducidos con sitio de sobra para moverse. Cada persoa ten a súa esteira.
Que atoparás
- Sala ampla e diáfana
- Chan azul en toda a sala
- Esteiras individuais

02Zona de forza
Racks con poleas e barras olímpicas para o adestramento de forza guiado, tanto para empezar como para seguir progresando.
Que atoparás
- Racks con poleas
- Barras olímpicas e discos
- Caixóns de salto
03Peso libre
Material para traballar todo o corpo e adaptar cada exercicio ao nivel de cada persoa.
Que atoparás
- Mancuernas de varios pesos
- Kettlebells de cores
- Trineos de arrastre
04Funcional e cardio
Zona para o quecemento, a mobilidade e o adestramento funcional, con máquinas para traballar a resistencia e completar as sesións.
Que atoparás
- Bicicletas e máquinas de remo
- Esteiras e bandas elásticas
- Caixóns
Queres ver o ximnasio antes de apuntarte? Escríbenos e ensinámoscho.

